Prezos e condicións.
O ideal sería que fixerades un grupo dende duas ata seis persoas. O prezo son 150 € por persoa, inclue o seguro obrigatorio para navegar, o uso das bicis, tres almorzos e o aloxamento na casa dun socio as tres noites; o seguro é para un ano, así que se vindes por aquí podedes sair navegar mais veces se vai algún socio e hai sitio nas dornas.
programa de atividades
Xoves
Recibirémosvos ás 17:00 ou 18:00 p.m. en Cambados para coñecernos.Venres
Ás 9:00 da mañán almorzamos no piso (incluido no prezo). Ao rematar saimos cas bicis cara Meaño.Iremos pola beira da Ría, visitando sitios coma as antigas telleiras, tranquilamente e parando para darse un bañolo ou o que pete.
Comeremos polo campo, podemos levar algo ou parar nalgún sitio.
A idea é chegar á praia da Lanzada. Podemos visitar o castro que foi recentemente excavado, con achádegos moi notáveis, e achegarnos á praia de onde a Santa Compaña partía cara a illa de Ons.
Arredor das 17:00 estaremos de volta no peirao de Cambados e sairemos a navegar.
Foto: Felipe Vázquez Abal > Foto: Lino Prieto.
Á volta, e contando con que o mar dá unha fame de nabo, faremos de cear ou ben iremos a un furancho ou loureiro.
Foto: Felipe Vázquez Abal
Sábado.
Ás 9:30 almorzaremos para sair ás 10. Esta volta faremos unha ruta polo río Umia, na que invertiremos unhas catro horas.Fotos do Oscar.
Ás 17:00 sairemos de novo a navegar.
Foto: Felipe Vázquez Abal
Pola noite faremos unha cea nun furancho ou loureiro, con música tradicional. Pagaremos a escote a cea, invitando aos músicos. Os seráns furancheiros adoitan prolongarse ata altas horas, pero cada quen verá de seguila ata a hora que queira, sair por Cambados ou o que mais lle preste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario